Mantemento acordado
Actualizacións de WordPress, temas e complementos, cunha estratexia de copias e recuperación adaptada ao aloxamento.
04 / SOPORTE E EVOLUTIVOS
Apoio técnico para manter, mellorar e facer evolucionar as webs que entrega a túa axencia.
Falemos do proxecto ↗Podemos traballar nunha intervención puntual ou nunha colaboración continuada. Revisamos o estado do proxecto e fixamos prioridades, canles de contacto e tempos de atención.
Actualizacións de WordPress, temas e complementos, cunha estratexia de copias e recuperación adaptada ao aloxamento.
Diagnóstico de erros e proposta de actuación. O tempo de resposta e o alcance da resolución defínense segundo a criticidade e o servizo contratado.
Novas seccións, axustes de funcionalidade e integracións. As tarefas priorízanse coa túa axencia para aproveitar a capacidade dispoñible.
Rexistro de cambios e contexto do proxecto para que as seguintes decisións non comecen desde cero.
ANTES DE COMEZAR
Si, tras unha revisión inicial. Se detecto unha dependencia ou un problema que condiciona o mantemento, falámolo antes de asumir o servizo.
Podemos acordar unha bolsa ou unha colaboración recorrente. Capacidade, caducidade, prioridades e tempos de atención quedan por escrito.
Non se presupón unha garda permanente. Os horarios, urxencias e compromisos de resposta acórdanse expresamente para cada colaboración.