Deseño á túa medida
Unha imaxe propia, coherente coa túa marca e adaptada a móbil, tableta e ordenador. Sen modelos xenéricos.
01 / DISEÑO WEB PARA EMPRESAS
Deseño e desenvolvo a web da túa empresa ou negocio: clara, rápida e pensada para que os teus clientes te atopen e contacten contigo.
Falemos do proxecto ↗Unha web para o teu negocio con todo incluído? Mira a oferta desde 200 € + IVE ao ano ↗
Comezamos polo teu negocio: que ofreces, a quen e que ten que conseguir a web. Con iso preparo a estrutura, os textos e o deseño, e constrúoo cunha base técnica coidada para que cargue rápido e Google a entenda.
Unha imaxe propia, coherente coa túa marca e adaptada a móbil, tableta e ordenador. Sen modelos xenéricos.
Redacto os textos tras coñecer o teu negocio e oriéntoos ao que buscan os teus clientes. Uso as túas fotografías ou imaxes que encaixen.
Rendemento, accesibilidade e SEO técnico desde o primeiro día, co obxectivo de 100/100 en Google PageSpeed Insights.
Formularios, reservas, varios idiomas, blog ou integracións cando os precises, e mantemento para que siga ao día.
ANTES DE COMEZAR
Depende do alcance. Para negocios que precisan unha web corporativa con todo incluído teño unha oferta desde 200 € + IVE ao ano, con creación, dominio, aloxamento e mantemento. Para proxectos á medida prepárote un orzamento pechado.
Si. Traballo en remoto: falamos por videochamada ou por teléfono, ves o avance nun enderezo privado e aprobas cada paso desde o teu portal de cliente.
Si. O dominio rexístrase ao teu nome e recibes os accesos e arquivos acordados. Non hai permanencias ocultas.