O punto de partida.
Ademar Silvoso é actor de teatro, cine e televisión desde 2014 (protagonista da longametraxe Nove de Novembro e personaxe recorrente en Serramoura, da TVG) e oficiante de vodas civís en Galicia. Dous públicos moi distintos —directores de casting e produtoras por un lado, parellas que preparan a súa voda polo outro— que tiñan que atopar o seu sen perderse.
El tíñao claro: un espazo branco, diáfano, sen adornos que distraian. A web tiña que estar á altura desa idea e funcionar igual de ben en castelán e en galego.
