O punto de partida.
Larcalor necesitaba trasladar á súa web a variedade das súas solucións de calefacción e a experiencia do seu equipo. O proxecto debía presentar con claridade os seus produtos e servizos, mostrar instalacións realizadas e facilitar o contacto coas súas exposicións de Carballo e Ordes.
O reto consistía en organizar unha oferta ampla —leña, pellets, bioetanol, monobloques e grellas— nunha experiencia doada de percorrer, que axudase o visitante a informarse e dar o seguinte paso: consultar unha dúbida ou solicitar un orzamento.
